Diego Martínez premio Cultura na Emigración na Festa da Palabra.

O premio Cultura Galega na Emigración, da Fundación Ínsua dos Poetas, durante a súa XIII “Festa da Palabra” celebrado n´O Carballiño (Ourense) foi outorgado a Diego Martínez Duro, presidente da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, e foi recollido por Luís González Tosar no seu nome.

O pasado 3 de xullo a Ínsua dos Poetas celebrou un ano máis a Festa da Palabra, que estivo dedicada aos Seis poemas en galego de Federico García Lorca. Na paraxe desbordante de natureza e esculturas dos máis ilustres artistas galegos déronse cita os premiados desta nova edición, autoridades, artistas, escritores, músicos e veciños, que disfrutaron dunha xornada literaria e de exaltación da cultura galega.

No ano 2007 o poeta Luís González Tosar concibe a idea de crear un espazo cultural de uso público nunha leira da súa propiedade, situada na parroquia de Madarnás (O Carballiño), e coñecida co nome da Ínsua. Este proxecto materialízase na fundación A Ínsua dous Poetas que preside o propio González Tosar e na que están presentes representantes do mundo das letras e as artes así como amigos persoais do poeta. O fin primordial da fundación é conseguir un proxecto singular no que nun espazo en plena natureza, a literatura dialogue coas artes plásticas e coa creatividade en xeral. A isto súmase promover actividades diversas relacionadas co cinema, o teatro, o medio ambiente e con todo aquilo que supoña apoio á cultura galega

Luis González Tosar saudoua a todos os asistentes lembrando a figura do republicano granadino asasinado. Disculpaba a ausencia do mantedor, Xesus Alonso Montero, e daba lectura ao seu panexírico, referíndose a “un poeta universal que decidiu falar na nosa lingua”. Tosar adiantaba que a XIV edición da Festa da Palabra rendirá homenaxe ao grupo Brais Pinto.

O acto incluíu tamén a inauguración da escultura de Soledad Penalta, que interpreta, de maneira simbólica, o fondo sentimento e a gran altura literaria de Federico García Lorca.

Cada un dos premiados recibía unha peza de Acisclo Manzano. Recibiron o premio Yolanda Castaño, Premio de Literatura; María del Carmen González, en representación do Orfeón do Carballiño, Premio de Música; en Iniciativa Social, representantes da Fundación Amaranta; en Comunicación o recibiu a periodista de La Región, Maribel Outeiriño; en Emprendemento, Marisol Novoa, presidenta da CEO e en Artes Plásticas, a título póstumo, foi para Vidal Souto, que o recolleu a súa irmá María Carmen; e o presidente da FAGRA Diego Martínez, Cultura en Emigración, que recolleu o seu amigo Tosar. Lembramos que
Francisco Lores Mascato, foi distinguido co mesmo premio no 2015.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.