de la República Argentina
Homenaxe a Castelao 2022
Ao igual que o pasado ano 2021, e por mor da pandemia, a Federación decidiu non facer un acto público en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no seu 72º cabodano.
![](http://www.fsgallegas.org.ar/wp-content/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-07-at-21.10.27-2-1024x576.jpeg)
Autoridades da Xunta directiva desta casa achegáronse a praza que leva o nome do noso “guieiro”, situada entre Avenida Independencia e Bernardo de Irigoyen en Bos Aires capital, para depositar unha coroa de flores ao pé do seu busto. Castelao finou no exilio na cidade porteña o 7 de xaneiro de 1950.
Porque a verdadeira tradición non emana do pasado, nin está no presente, nin se alvisca no porvir; non é serva do tempo. A tradición é a alma eterna de Galiza, que vive no instinto popular e nas entrañas graníticas do noso chan. A tradición non é a historia. A tradición é a eternidade.
Castelao.