Galiza Mártir. Homenaxe a Alexandre Bóveda.

O Partido Galeguista e a Fundación Alexandre Bóveda convocaron á cidadanía a participar dos actos de homenaxe ao mártir galeguista Alexandre Bóveda Iglesias que, como é habitual, desenvolvéronse no Cemiterio de San Amaro, Pontevedra, diante da súa tumba no Día da Galiza Mártir. A Federación adheriuse ao acto.

A Xunta participou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García_Foto:Ramón Leiro

A importancia da súa biografía e actuación política en beneficio da Nosa Terra e da nosa xente son un legado que temos que espallar ao conxunto da sociedade galega de acó e acolá e converter esta data do Día da Galiza Mártir, nun día nacional de recoñecemento a súa figura e a de milleiros de mulleres e homes que deron a súa vida pola liberdade, a xustixa social, e a lealdade democrática e republicana, no camiño dunha Galiza máis Nosa.

Na consecución deste obxectivo superador suman o seu sentimento solidario as fundacións máis representativas do país galego: Castelao, Penzol, Vicente Risco, Eduardo Blanco Amor; Plácido Castro, Foro Galicia Milenio, Losada Diéguez, Filgueira Valverde e o Patronato Rosalía de Castro, e, dende a emigración, mandan as súas adhesións: o Centro Galego, Centro Galicia, Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina, Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol, ABC do Partido de Corcubión, Fundación Xeito Novo de Cultura Galega, Patronato de Cultura Galega de Montevideo.

Tamén, é de subliñar neste día, un acontecemento histórico que, por primeira vez, o goberno de todas e todos os galegos, a Xunta de Galicia, participa deste importante evento de homenaxe e reivindicación histórica do mártir galeguista a través da representación institucional do Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García.

Os actos desenvolveranse na seguinte orde: 18:00 hs.: Misa na capela do camposanto de San Amaro. 19:00 hs. Acto diante do panteón de Alexandre Bóveda e ofrenda floral das entidades e institucións presentes, coas intervencións de: David Otero, Fundación Alexandre Bóveda; Miguel Anxo Seixas, Fundación Castelao; Luis González Tosar, Partido Galeguista. Remataron o acto Amalia Bóveda, Pta. da Fundación e filla de Alexandre Bóveda. O mantedor da mesma foi Guillermo Campos.

Previamente, e como apertura dos actos del Día da Galiza Mártir, a Fundación Alexandre Bóveda e o Concello de Poio lembraron a súa traxectoria e asasinato, e no mesmo lugar onde foi fusilado fai 86 años. Este primer acto contou coa asistencia da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Asemade o pasado mércores 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, comenzou a emisión na canle de televisión A Nove dun programa que dirixe e presenta Xan Leira que leva por título “Conversas da Memoria”. A programación especial comezará ás 20 hs., co documental “Alexandre Bóveda, unha crónica da Galiza Mártir”; seguido dun saúdo para a ocasión de Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz; logo manterei unha conversa no Concello de Poio con Luciano Sobral Fernández, Alcalde de Poio, Amalia Bóveda, Pta. da Fundación Alexandre Bóveda e Francisco López “Chesqui”, Sec. xeral do Partido Galeguista. Para rematar, emitirase o documental “Parque da Memoria Adolfo Perez Esquivel, Premio Nobel da Paz”.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.