Camiño de Nós

Representación Teatral Camiño de Nós, que tivo lugar o pasado sábado, 24 de xullo, na Insua dos Poetas.

A Fundación Insua dos Poetas, na Esgueva do Concello do Carballiño, foi o escenario dunha representación teatral a cargo dun grupo de actores profesionais e dirixidos por Rosa Puga Dávila, sobre o camiño que realizaron a pé sete membros da #XeraciónNós dende Ourense a Santiago de Compostela. Celebraron así o 95 aniversario da peregrinaxe que fixeron Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xavier Pardo, Alfonso Vázquez Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez. A idea xurdiu do presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis Gonzalez Tosar en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927. O acto no que actuaron Queixumes dos Pinos contou coa colaboración dos concellos polo que este itinerario cultural discorre, así como da Deputación de Ourense, Política Lingüística, Cultura de Galicia e Xunta de Galicia.

Autoridades mais elenco

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.